jueves, 15 de marzo de 2018

A pesar de que os textos citados se sitúan cronoloxicamente entre a segunda metade do século XIX e comezos do XX, as orixes dos movementos obreiros remóntanse xa ó S.XVIII, cando tivo lugar o proceso coñecido como “revolución industrial”: un cambio profundo da economía e da sociedade que comezou en Inglaterra a mediados do devandito século, cuxa mentalidade se estenderá a gran parte do mundo e contra a que o proletariado decidirá loitar.

De entre eses cambios destacan os que afectaron á estrutura social: esta pasaba a organizarse en clases divididas segundo a riqueza (baixa, alta ou media); deste xeito xurdía un novo grupo social, o xa citado proletariado. Esta clase ofrecía o seu traballo a cambio dun salario e no seu seo incluíanse homes, mulleres e nenos que traballaban na industria, moitos deles campesiños emigrados á cidade. Mais enfrontábanse a unhas condicións de traballo precarias como: xornadas excesivamente largas próximas á escravitude, falta de hixiene e seguridade, explotación infantil (pois os nenos realizaban o mesmo traballo que os adultos), ademais duns salarios insuficientes (máis baixos aínda para mulleres e nenos), etc.

A causa disto atribuíase ó liberalismo económico, ideoloxía expandida durante a revolución industrial defensora da nula intervención do Estado na economía, de xeito que os traballadores quedaban unicamente á mercé dos seus xefes. Con dificultade, condicionados pola prohibición de asociación, comezaron a xurdir movementos e organizacións obreiras para defender e esixir os seus dereitos. E estendéronse ideoloxías tales como o ludismo, esta debe o seu nome a Ned Ludd, primeiro obreiro en destruír un tear como forma de protesta; actitude que, como se reflicte no Doc.1, secundan as mulleres da fábrica de tabacos da Coruña en 1857.

En canto ás condicións de traballo anteriormente citadas esténdese ata o século XIX, vémolas no Doc.2 expresadas da man da clase obreira da época: citan os salarios precarios, a explotación infantil e, especialmente, demandan ese vetado dereito de asociación.

Nos anos ós que se corresponden os citados textos atopábase establecido en España un liberalismo capitalista, cara o que existían ideoloxías opostas como a progresista e a demócrata ou o republicanismo. Pero sobre todo, os movementos obreiros da época baseáronse no marxismo e o anarquismo. A teoría marxista afirmaba que nas sociedades industriais existía unha loita de clases entre a burguesía (propietaria dos medios de produción) e os obreiros ou proletariado; deste xeito Marx propoñía a revolución para destruír o capitalismo e dar poder ós traballadores, defendendo a intervención de organizacións e partidos obreiros na loita política (orixe dos partidos socialistas a partir de 1875). Os anarquistas, pola contra, rexeitaban o Estado e aspiraban a substituílo por algún tipo de asociación voluntaria, opoñíanse así ós partidos políticos e ás eleccións.

Mais os movementos obreiros comezan en 1868 a inclinarse cara o anarquismo por influencia da Asociación Internacional de Traballadores (AIT), fundada en 1864, e da que trata o Doc.3, un artigo no que é referida como un perigo para a orde pública establecida.

Tras a revolución de setembro de 1868, e por influencia do político italiano Giuseppe Fanelli e outros activistas, creáronse os primeiros núcleos da AIT. O anarquismo prendeu con maior rapidez e forza que o marxismo en España, entre outras razóns pola proximidade ideolóxica co republicanismo federal. Ambos compartían a defensa da soberanía popular, o anticlericalismo, o ateísmo e a fe no progreso e na ciencia.
O primeiro congreso obreiro español creouse en Barcelona en xuño de 1870, onde se constituíu a Federación Rexional Española (FRE) dentro da AIT de tendencia bakunista. A represión e o fracaso da Comuna de París afectou a FRE, que celebrou unha reunión clandestina en Valencia nese ano. Nesta época houbo unha división interna na AIT entre marxistas e anarquistas. Gozou dun gran éxito a difusión do ideario anarquista, con diversas correntes e dous ámbitos xeográficos de expansión: Cataluña, pola súa vinculación co republicanismo federal, e Andalucía, onde o campesiñado seguiu a pegada da acción directa propia dun sector do anarquismo español. En referencia as tendencias, coexistiron tres no anarquismo do século XIX:  
.Corrente anarcosindicalista. Partidaria da acción sindical, na cal se centraban na instrución e na liberdade de asociación, con tácticas organizativas da loita obreira.
.Corrente revolucionaria insurreccional ou anarquismo “puro”. Cunhas orientacións ideolóxicas seguidoras da FRE do sexenio. Defendían a propaganda polos feitos, a violencia terrorista.
.Corrente anarco-comunista. Partidaria da propiedade social dos medios de produción e do gozo dos froitos do traballo por igual.
A ideoloxía anarquista en España foi difundida por medio da prensa e dos libros.

Ás organizacións anarquistas e socialistas mais tarde, foron precedidas pola Federación das Tres Clases de Vapor, que reuniu outras asociacións do sector téxtil nunha soa. Esta asociación tivo o seu declive no ano 1886, ano no que alcanzaron os 30.000 afiliados.

Pero isto non remata aquí, xa que a terceira vía para encarreirar as demandas obreiras, foi o sindicalismo  católico, baseado na doutrina social da Igrexa. Esta foi a resposta da Igrexa ante as doutrinas ateas do anarquismo e socialismo.
Este sindicato partía da desigualdade social como feito incontestable que non se podía eliminar, pretendía paliar os efectos do paro, as folgas ou as duras condicións de traballo dos obreiros mediante a relación paternalista do patrón que protexía os seus obreiros. O fundador dos primeiros sindicatos católicos foi o padre Vicent en 1872, e foi considerado o introdutor do catolicismo social en España.

Aínda a comezos do século XX o movemento obreiro, en España, mostraba unha destacada debilidade numérica, só nas zonas de maior actividade (Madrid, Biscaia, Barcelona…) podía superar unha cuarta parte da poboación total. Foi a partir de 1920 cando formaron un verdadeiro sindicalismo, dividido en anarquistas e socialistas.

O anarquismo mantíñase firme na idea de rexeitar a súa participación na política e o reformismo social. A comezos de século estaba instalado nas zonas industriais e urbanas de Cataluña e no campesiñado do sudoeste de España, mais no anarquismo enfrontábanse dúas tendencias: os partidarios da estratexia terrorista e os proclives ó sindicalismo.
Nesta mesma época comezou a estenderse a influencia dos franceses sindicalistas revolucionarios polo que os sindicalistas consideraban a folga xeral como elemento máis eficaz da revolución. Isto deu lugar á formación da Solidaridad Obrera en 1907. Pouco tempo despois, baixo a influencia das sociedades obreiras anarcosindicalistas, fundouse a Confederación Nacional del Trabajo, coñecida tamén como CNT. Esta reafirmou a chamada acción directa, estratexia sindical que defendía a loita obreira por medio de folgas xerais, sabotaxes industriais, sublevacións e terrorismo. Declarouse ilegal tras a folga xeral do 1911 ata o 1915.

No campo socialista, o PSOE era unha organización política reducida e de lento crecemento mentres que o sindicato UGT medraba a gran velocidade, en dous anos acadou case cen mil afiliados máis.
Pablo Iglesias, dirixente destas organizacións, comezou a colaborar cos republicanos pola democratización do réxime tras os sucesos da Semana Tráxica e a formación da Conjunción Republicano-Socialista en 1909, que puxo fin ó illamento do PSOE. Grazas a esta alianza Pablo Iglesias foi elixido deputado e o socialismo pasou a ser unha forza parlamentaria.
A UGT, pola súa parte, experimentou cambios en torno ó seu crecemento: incorporáronse os obreiros industriais e acrecentou a súa implantación en Asturias, Biscaia e Madrid.

En 1917, e como un dos principais conflitos da crise desde mesmo ano, o movemento obreiro dispúxose a lanzarse a unha folga xeral.
Como podemos observar no Doc.4, as importantes organizacións sindicais rivais, CNT e UGT, subscribiron un manifesto convocando unha folga xeral, pois para o movemento obreiro a consideraban “a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”. Esta folga debería servir para derrocar o réxime e implantar unha república democrática. En agosto de 1917 estalou a folga xeral, mais só tivo unha intensa actividade en industrias das principais zonas (Madrid, Barcelona, País Vasco e Asturias), nas que se produciron os incidentes máis graves.

A folga non cumpriu correctamente o seu fin pola intervención do exército polo que os comités de folga foron detidos e condenados a cadea perpetua, aínda que non cumpriron esta condena, pois ó seguinte ano sairían elixidos deputados.

Andrea García Miragaya
Tamara Rubinos Vázquez
Mariana de Carli Fernandes


sábado, 16 de diciembre de 2017

COMPOSICIÓN

El Reinado de Fernando VII se sitúa en un contexto muy convulso caracterizado por numerosos levantamientos y motines con el objetivo de lograr la transición al liberalismo. Estuvo precedido de un régimen absolutista liderado por Carlos IV. Durante este se produjeron dos episodios de predominio liberal.
Las Cortes de Cádiz llevaron a cabo su máxima labor legislativa durante el año 1812, en el que promulgaron una nueva Constitución conocida popularmente como la Pepa. Los principios de esta establecían la soberanía nacional por la cual el rey perdía el poder absoluto y pasaba a manos del pueblo, representado por las propias Cortes, creándose así un régimen de monarquía moderada; también se contemplaba el sufragio universal.Reconocían derechos y libertades individuales así como la igualdad ante la ley. Los poderes quedaban divididos en tres órganos: en las Cortes residía el poder legislativo, en el rey y el gobierno el poder ejecutivo y el judicial se consideraba independiente. Otras reformas legislativas que se incluían eran: la religión católica como única y la articulación de la Milicia Nacional. Comenzaban la transición a la libertad económica, a través de medidas como la desamortización o la libertad de industria. Mas la labor legislativa de las Cortes terminaba en 1814, siendo abolida por Fernando VII, como se refiere en el Doc.1, donde expone que se trataba de una “usurpación”.
En el Doc.2 se expone la tarea llevada a cabo por Porlier durante el sexenio absolutista.
El general Porlier era un joven militar conocido por el sobrenombre de “El Marquesito” que fue el protagonista del primer levantamiento contra el absolutismo monárquico. Parlier mantuvo una intensa relación con A Coruña en esta época, ya que en esta ciudad se organizaron tropas que atacaron a los franceses en diferentes puntos del norte de España. Al concluir la guerra, el militar se proclamó defensor del liberalismo y criticó la abolición de la Constitución de Cádiz.
En Arteixo inició un pronunciamiento contra el Rey Fernando VII por lo que entró en A Coruña al frente de los soldados y proclamó la Constitución de 1812. En un manifiesto liberal de carácter moderado exhortaba a la nobleza y a la burguesía a colaborar con la monarquía constitucional en la cual debían de ser respetados las prerrogativas del trono y los derechos de la nación. Además, solicitaba la convocatoria de Cortes elegidas por el pueblo.
En este documento se hace referencia al pronunciamiento que llevó a cabo en Coruña. Así expresa que “tomamos la terrible, pero indispensable, resolución de reclamar con las armas en la mano lo que se ha negado a nuestras solicitudes”. Así mismo pone de manifiesto la necesidad de “una monarquía sometida a leyes justas y sabias y que garantice las prerrogativas del trono y los derechos de la nación”.
El manifiesto al que refiere el Doc.2, junto con el descontento general del pueblo, no fueron suficientes para que Fernando VII reconociese la Constitución de 1812. El 1 de enero de 1820, como consecuencia de la represión contra los liberales y de la existencia de un núcleo liberal en el seno del ejército, además de la crisis económica que sufría el país: el coronel Rafael de Riego se levantó en Cabezas de San Juan en un pronunciamiento contra Fernando VII. Finalmente el 10 de marzo Fernando VII reconoce la Constitución, lo que conllevó la formación de un nuevo gobierno que permitió el retorno de los liberales y el retorno de las Cortes.
Ese primer gobierno estuvo formado por los ilustres exiliados durante el Sexenio Absolutista, estos establecieron un sistema de libertades políticas: fue, en general, un período de reformas basadas en las Cortes de Cádiz. Esta aceptación se refleja en el Doc.3, un texto escrito en primera persona por Fernando VII, el fragmento se recoge en el Manifiesto Fernandino.
No obstante, la entrada al Trienio Liberal, supuso un modelo revolucionario para el resto de Europa, lo que se reflejará más tarde con la intervención de la Santa Alianza, poniéndose fin a este. En esta etapa los gobiernos estuvieron inmersos en una crisis económica constante, que sumada a la conspiración de los exaltados el rey se levantó contra el gobierno a comienzos de 1821. Más tarde el 6 de Junio de 1822 la Guardia Real intentó un Golpe de Estado que cambió de signo esta etapa, las conspiraciones del rey y el ámbito que lo rodeaba fueron descubiertas y frenadas por la Milicia Nacional y el Consejo de Madrid dirigido por Pablo Iglesias.
En este contexto se da la intervención de la Santa Alianza: Francia envió a los Cien Mil Hijos de San Luís, una tropa que invadió España y ocupó el país con el apoyo de las tropas realistas españolas.
Las Cortes declararon incapacitado a Fernando VII por no huír del ejército a Cádiz, después de unos meses de resistencia decidieron liberar al monarca y este restauraba su poder absoluto como se recoge en el Doc.4 y comenzaba una dura persecución contra los liberales.



Mariana de Carli
Lucía Castro
Paloma Castro
Andrea García
Tamara Rubinos

Mapa: Imperio Español de Felipe II

Resultado de imagen de mapa imperio español felipe ii

Mapa de Europa S XVI

Resultado de imagen de Mapa de Europa S XVI